Como xa sabedes, fai apenas un par de semanas fomos a Las Rozas de Madrid a facer a presentación oficial do torneo. En Las Rozas atópase a Cidade do Fútbol, sede oficial da RFEF. Nese lugar e diante de grandes personalidades do fútbol español montamos o noso "espectáculo", que incluía o vídeo que vos mostramos a continuación.
Última actualización ( miércoles, 07 de mayo do 2008 )
O luns día 21, cinco membros de AF7 desprazámonos a Madrid para levar a cabo os preparativos do día seguinte. Fomos recibidos por Fernando Hierro, director deportivo da RFEF que nos acompañou ata a sala onde levariamos a cabo os preparativos.
Máis tarde, atopámonos con vellos coñecidos: a selección Española sub 17, adestrada por Juan Santisteban, está concentrada estes días na Cidade do Fútbol e varios dos membros da actual convocatoria aínda recordan os seus inicios en Arousa Fútbol 7: falamos con Pablo Peláez Naredo (Real Oviedo), Sergio Canles Madrazo (Racing de Santander), Angel Díaz Ibáñez (Racing de Santander) e Alejandro Sánchez Benítez (FC Barcelona).
Aproveitando a xentileza e boa disposición de todo o persoal da RFEF que colaborou con AF7 na preparación do acto de presentación, todo estaba preparado ás 13:00 horas para a posta de longo de AF7 2008. Os medios de comunicación tomaran posicións desde antes da hora anunciada para o comezo e cando finalmente empezaron a chegar os invitados, a sala sobordaba actividade ante a gran capacidade de convocatoria que logramos xerar. Ademais de quen aparecen na fotografía de arriba, atopábanse na sala: José Angel Iribar, Gaspar Rosety, Iñaki Sáez, Juan Santisteban, Victoriano Sánchez Arminio, José María Rodríguez (redactor xefe de Marca), Armando Ufarte, Ginés Meléndez, Fernando Hierro...
Mónica Martínez (Antena 3 TV) guiou, tras a proxección dun vídeo ilustrativo de AF7, as intervencións de quen presidían a mesa: Manuel Diz (presidente do comité organizador de AF7), Anxo Mª Villar (presidente da RFEF), Luís Aragonés (seleccionador nacional), Ramón Calderón (presidente do Real Madrid), Enrique Cerezo (presidente do Atlético de Madrid) e Julio Meana (directivo da RFEF) destacaron a importancia que ten o fútbol de formación e a categoría que alcanzou Arousa Fútbol 7.
Posteriormente, as intervencións de Vitoria Hierro por parte do concello de Vilagarcía e Mª Xesús López por parte da Xunta pecharon as quendas de intervención.
Puidemos comprobar de primeira man a gran consideración e respecto que logrou alcanzar Arousa Fútbol 7 máis aló de Galicia. Ese era un dos temas de conversación posteriores, onde unha gran maioría dos presentes desexaron poder estar o 6, 7 e 8 de xuño en Vilagarcía para comprobar en directo que é AF7.
Última actualización ( domingo, 27 de abril do 2008 )
O vindeiro martes, día 22 de abril Arousa Fútbol 7 presentará a súa decimoterceira edición na Cidade do Fútbol das Rozas, Madrid. O acto terá lugar ás 13:00 horas na Sala de Trofeos da Real Federación Española de Fútbol.
No acto estaremos acompañados por distintas autoridades do mundo del fútbol. Estades convidados.
Última actualización ( viernes, 18 de abril do 2008 )
Empezan as emocións fortes. Tras 80 partidos en dous días nos que todos os equipos amosaron as súas armas, empezaron os emparellamentos de oitavos de final. Quen perde vaise para casa e iso está condicionando os partidos, moi emocionantes, tensos e cos equipos cerca do esgotamento tras sufrir altísimas temperaturas tanto o sábado como o domingo.
Non todos os equipos chegan nas mesmas condicións á hora da verdade, a que decidirá cales dous dos corenta equipos participantes na 2ª Fase Previa clasificarase para xuño. Hai equipos que dominaron os seus grupos con moita autoridade, como o Vitoria CF ou o ED Valmiñor. Outros sufriron máis para estar entre os 16 mellores que se eliminarán entre si: o Alerta logrou o pase nos últimos minutos do último partido do seu grupo grazas a un solitario gol. Aínda que nada comparable co que vivimos no grupo D, onde un triplo empate na cabeza deixou fóra dos cruces ao Cidade de Santiago, nada menos que un participante na Fase Final de 2007. Todo decidiuse no último partido, no que os tres equipos implicados pasaron de estar eliminados a estar clasificados (Augas Santas) ou directamente de ser líderes do seu grupo a quedar eliminados, tendo que velo todo desde a bancada, pois xa xogaran o seu derradeiro partido (Cidade de Santiago).
Así que houbo para todos os gustos, podedes comprobar como acabaron os grupos aquí , pero os 16 mellores e a orde dos seus enfrontamentos son:
OITAVOS DE FINAL CD Areosa 1 - 1 CD Calasánz A ( 4-5 p.p.) Alondras CF A 3 - 0 Ponte Ourense B Colexio Apóstol A 1 - 1 EF Viveiro ( 1-3 p.p.) Alerta Traviesas 0 - 2 Orillamar SD Pabellón CF 5 - 0 CD Quirinal A Usd Grove 1 - 0 Victoria CF GD Augas Santas A 0 - 5 ACD A Seca CD Quirinal B 0 - 3 ED Valmiñor
CUARTOS DE FINAL CD Calasánz A 1 - 1 Pabellón CF (2-3 p.p.) Alondras CF A 2 - 1 USD Grove EF Viveiro 1 - 4 ACD A Seca Orillamar SD 1 - 2 ED Valmiñor
SEMIFINAIS Pabellón CF 2 - 1 Alondras A Cf ACD A Seca 2 - 1 ED Valmiñor
Pabellón CF e ACD A Seca, clasificados para a Fase Final do 6, 7 e 8 de xuño. PARABÉNS!!!
Última actualización ( domingo, 06 de abril do 2008 )