|
Escrito por Fanshawee
|
|
miércoles, 02 de abril do 2008 |
|

7 novos equipos de primeiro nivel únense ao cartel definitivo de Arousa Fútbol 7. Borussia Dortmund, un dos clubs máis importantes de Alemaña fai o seu debut. Real Madrid, Valencia CF e RCD Espanyol repiten participación por enésima vez e se cumpren coa tradición, repetirán tamén como máximos favoritos. Atlético de Madrid e Benfica (Portugal) intentarán repetir o bo sabor de boca das súas últimas presenzas en Vilagarcía. O Real Valladolid volve a Vilagarcía, tras a súa última participación no ano 2000. Por certo, quen era o porteiro do Real Valladolid no ano 2000? Nos próximos días, publicaremos un artigo que demostra que, ademais de facernos vellos, co tempo vimos pasar pola Lomba unha boa colección de cracks. |
|
Última actualización ( miércoles, 02 de abril do 2008 )
|
|
|
Escrito por Fanshawee
|
|
lunes, 31 de marzo do 2008 |
Coa celebración da segunda Fase Previa o fin de semana do 5 e 6 de abril, completaremos o cartel de equipos participantes na Fase Final do 6, 7 e 8 de xuño de Arousa Fútbol 7. Dous equipos dun total de 40 participantes uniranse aos xa clasificados EFL Calvo Sanz e SD Villestro. Todos sabemos que a fase previa é unha oportunidade para que calquera equipo mídase aos máis grandes. É hora de empezar a revelar quen son estes equipos de primeiro nivel que invitamos para formar parte do cartel de Arousa Fútbol 7 2008. Pulsa en Ler máis para coñecer aos primeiros ilustres... |
|
Última actualización ( lunes, 31 de marzo do 2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Fanshawee
|
|
domingo, 23 de marzo do 2008 |
|
Un clásico da Fase Previa e un novo equipo de Santiago logran o pase na primeira Fase Previa. O EFL Calvo Sanz clasificouse por terceira vez a través da Previa, competición que domina como poucos clubs e na que se move como peixe na auga. O SD Villestro, equipo rebosante de vitalidade e bo xogo, debutará na Fase Final tras sufrir soamente na final ante o UD Santa Mariña. A continuación recordamos a súa traxectoria. |
|
Última actualización ( martes, 01 de abril do 2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Fanshawee
|
|
jueves, 20 de marzo do 2008 |
|
Con moito frío e moito vento pola mañá do xoves 20 comezou a Fase Previa 2008. Aínda é pronto para apostar cales 2 destes 35 equipos vanse a clasificar para a fase final de xuño, pero o que o seguro é que todos estanllo pasando en grande. A Moañesa, a Fundación RC Celta, o Villestro ou o Calvo Sanz están cumprindo coas espectativas e dominando os seus grupos. Tamén hai agradables sorpresas como o invicto Puebla ou o combativo Catoira....pero a competición é longa, e cando escribimos esta noticia desde a Mesa Central do campo de xogo, aínda non acabou a xornada. Tempo ao tempo.
Mañá pola noite coñeceremos os dous clasificados. Mentres, podedes seguir os resultados e a clasificación na sección Partidos.
Seguirémosvos contando. |
|
Última actualización ( lunes, 24 de marzo do 2008 )
|
|
|
Escrito por Fanshawee
|
|
jueves, 08 de marzo do 2007 |
|
Xa temos á vosa disposición os Grupos e Horarios da Fase Previa 2008 de Arousa Fútbol 7. Este ano compiten 75 equipos. É un orgullo para nós poder contar coa vosa participación. A competición da Fase Previa deste ano organízase do seguinte xeito: os equipos que compiten os días 20 e 21 de Marzo xogan durante eses dous días para lograr dúas prazas que dan o pase á fase final, que serán para os gañadores das semifinais que se xogarán na noite do venres 21. O resto de equipos xogarán máis tarde, os días 5 e 6 de Abril, en busca doutras dúas prazas máis, que tamén serán para os equipos que consigan gañar as semifinais que se xogarán o domingo 6 pola noite. En total son 75 equipos de Portugal, Galicia e Asturias loitando por 4 prazas durante 4 días. O espectáculo está asegurado. Vémonos na Lomba, Vilagarcía, os días 20 e 21 de Marzo e os días 5 e 6 de Abril. Para ver todos os grupos e horarios de competición pulsa en Ler máis. |
|
Última actualización ( martes, 04 de marzo do 2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 6 - 10 de 19 |