This site will look much better in a browser that supports web standards, but it is accessible to any browser or Internet device.


Arousa Fútbol 7


Arousa Fútbol 7 : Inicio arrow Historia do Torneo

Seleccion de Idioma
  • Galego - Informal
  • Spanish - Formal Neutro
  • English
Menú principal
Inicio
Novas
Historia do Torneo
Normas
Como chegar
Aloxamento
 
Foro
Galería
Partidos
Descargas
 
FAQ
Buscar
Enlaces
Contactar
Estadísticas
PageRank
Visitas ayer: 321
Visitas hoy: 48
Visitas totales: 106400
Robots hoy: 67


Historia do Torneo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Savaj   
lunes, 27 de febrero do 2006

Todo comezou un 30 de maio de 1996. Nun pequeno campo de terra, que xa non existe, chamado Mundial-82, para moitos "O Mundialito". Ese ano participaron equipos da provincia de Pontevedra durante unha tarde de competición. Ao seguinte ampliáronse á Coruña e, na terceira edición deuse o salto "internacional" cos nosos veciños de Leixoes.

 

Image

 

Image

 

Image

 

1999 foi de vital importancia na carreira ascendente do Arousa Fútbol 7, debido á asistencia por primeira vez de equipos como o Real Madrid ou o Atlético de Madrid.

 

Image

 

Image

 

Image

 

A sétima edición en 2002, contou por primeira vez cunha Fase Previa, realizada no mes de maio, da cal sairían os cinco clasificados que participarían na fase final xunto con equipos como o Real Madrid, o FC Barcelona ou o Valencia. Esta Fase Previa consolidouse con entidade propia e conta cunha gran aceptación, permitindo a participación de calquera equipo no torneo, algo que se converteu na principal demanda dos clubs. Dada a evolución do campionato, os equipos que axudaron a forxar Arousa Fútbol 7 contaban cunha vía de acceso ao torneo que agora reunía aos mellores do mundo. Esta fórmula garante aínda hoxe a participación de todos e o seu gran nivel competitivo.

 

Image

 

En 2003 ampliouse un pouco máis o concepto "internacional" coa participación do Ajax de Ámsterdam, que logrou unha segunda posición por detrás do Athletic de Bilbao, equipo que contou co apoio dunha gran afección vilagarciá, que se achegou á Lomba para animalos.

 

Image

 

CA River Plate gañou o Arousa Fútbol 7 2004. É considerado por moitos como o mellor equipo que participou no campionato e Eric Lamela, elixido máximo goleador e mellor xogador, o mellor futbolista ata a data.

 

Image

 

En 2005 produciuse a maior diversidade de países participantes con italianos, portugueses, franceses, serbios, holandeses, arxentinos e españois. O Real Madrid recupera o título que se lles resistiu os últimos anos.

 

Image

 

En 2006 CA Boca Juniors consegue o segundo título para Arxentina, tras o exito de River dous anos antes.

 

Image

 

En 2007 o PSG gañou ao Inter a final cun equipo completísimo coroado por Hervin Ongenda, un dianteiro espectacular que resultou imparable durante todo o fin de semana. O nivel medio da competición foi moi satisfactorio e o dominio dos clubs estranxeiros confirmouse como a tónica dos últimos anos. Arxentinos (dúas veces), españois e franceses repártense os últimos catro títulos.

 

Image

 

 

En resumo, preto de 6000 xogadores de 8 distintos países xogaron máis de 1200 partidos acumulando máis de 400 horas de competición en 12 anos.

 

Última actualización ( viernes, 25 de enero do 2008 )