This site will look much better in a browser that supports web standards, but it is accessible to any browser or Internet device.


Arousa Fútbol 7


Arousa Fútbol 7 : Inicio arrow Novas arrow Final arrow OH LA LA !!!

Seleccion de Idioma
  • Galego - Informal
  • Spanish - Formal Neutro
  • English
Menú principal
Inicio
Novas
Hoeman
Historia do Torneo
Normas
Como chegar
Aloxamento
 
SMS/Twitter
Foro
Galería
Antigua Galería
Partidos
Descargas
 
FAQ
Buscar
Enlaces
Contactar
Estadísticas
PageRank
Visitas ayer: 0
Visitas hoy: 0
Visitas totales: 0
Robots hoy: 0

hit counters


OH LA LA !!! PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Fanshawee   
domingo, 03 de junio do 2007
Sempre nos quedará París. O XII título vaise para Francia tras a xusta vitoria do PSG sobre o Inter de Milán nunha final resolta desde o punto de penalti.

PSG 3 - INTER 3 ( 2-0 pp ).

PSG: Cenina, Kimpembe, Traore, Leasiliki, Coman, Ongenda e Sanali.

INTER: Mainini, Eguelfi, Caracciolo, Lucca, Mira, Romano e Vecchia.

Goles: 1-0 Ongenda min 8; 2-0 Ongenda min 23, 2-1 Mira min 25, 3-1 Ongenda min 27, 3-2 Morossino min 38, 3-3 Romano min 40.

 

Arousa Fútbol 7 é un torneo de mozos, este ano os nados no 1995 e 1996. Adóitase dicir que aínda queda moito para comparalos cos maiores e que están moi lonxe en tantas e tantas cousas. É verdade. Tamén é verdade que se queres ver a esta idade o mellor futbol que un proxecto de xogador pode ofrecer ven a ver finais como as do domingo e así podemos empezar a falar de que quizá non esteamos tan lonxe dos tópicos do futbol adulto.

Cando a falta de 2 minutos para o final o PSG, superior física e futbolisticamente ao Inter, gañaba 3-1, todo o mundo preparábase para a festa parisiense, que facía xa uns minutos empezara efectuando algún cambio que mostraba a súa confianza no triunfo. Parecía que lle PSG daba por gañada a final. Grave erro. En fronte estaba o Inter esperando a súa oportunidade, sen desfallecer. Así que xa se sabe, dous goles en dous minutos dos irredutibles italianos e a tremer.

O partido foi dominado totalmente polo PSG que contaba no seu sete titular con dous dos mellores juagadores que participaron este ano en Arousa Fútbol 7, Hervin Ongenda (9) e Sifoudine Sanali (10), ademais de pezas crave como Kingsley Coman, ese número sete capaz de subir e baixar a banda unha e outra vez sempre con perigo. Todos eles renderon moi ben, especialmente Hervin Ongenda, máximo goleador do campionato con 18 goles (3 na final) mellor xogador e autor dun puñado de detalles que quedan no recordo de todos. Se o PSG tiña a todos ao máximo do seu nivel, o Inter non puido contar con Crippa, o seu mellor defensor ao longo do campionato, lesionado en semifinais e ofreceu unha versión menor do seu mellor xogador, Andrea Mira, autor doutro grandísimo campionato pero algo desaparecido no momento máis importante. Crippa, Mira, Romano e Vecchia a pleno rendemento poderían pór en máis apuros ao PSG, que foi superior en todo momento e cuxa relaxación final fixo posible os penaltis, onde fallaron Romano e Morossini e anotaron Kimpembe e Sanali.

Última actualización ( martes, 26 de junio do 2007 )
 
< Ant.   Seg. >