| Resumo 2007 |
|
|
|
| Escrito por Fanshawee | |
| miércoles, 13 de junio do 2007 | |
|
Pasados uns días do campionato, imos recordar o sucedido. Podedes valorar aos participantes, igual que facemos nós a continuación.
PSG (1º) Igual que na súa primeira participación en 2005 (eliminado en oitavos de final polo Valencia CF e noveno na clasificación final) foi de menos a máis, perdendo 3-1 o primeiro partido contra o Sevilla FC. Pronto se demostrou que este equipo era mellor que aquel e que podían loitar polo título. Conforme se xogaban partidos, o seu rendemento era maior. Acabou adaptándose ao ritmo de competición e marcando diferenzas por medio dos dous mellores xogadores do campionato, Ongenda e Sanali. Ademais contaba con bos complementos como Coman ou Kimpenbe. Xustos vencedores. INTER (2º) Na súa terceira participación (7º e 8º en 2005 e 2006), tiñan entre cella e cella o campionato. Sempre competitivos, melloraron as súas prestacións e disputaron o título ata o final porque tiñan mellores xogadores que en anteriores ocasións (Mira, Vecchia, Crippa, Romano...) e porque co mesmo adestrador de sempre coñecían as reviravoltas do torneo. A intensidade física manexárona como ninguén, por exemplo sacrificando algún posto no grupo para estar máis frescos nos cruces. En ataque era un equipo mellor que os anteriores, adaptando o seu xogo ás características dos seus mellores xogadores arriba, arriscando máis en defensa. RCD Espanyol (3º) Outro clásico que cumpriu coas espectativas (anteriormente 6º e 3º). Xogo ordenado e compacto, cun arma na dianteira moi dificil de parar, Jafar, autor de 8 goles. Aínda que se alguén era importante neste equipo era Marc Gelma, o pequeno número 10 que manexaba todo o medio do campo. Pelexáronlle ao PSG un posto na final, o que non estaba ao alcance de calquera. O seu terceiro posto é meritorio, tan só perderon dous partidos, os dous contra o PSG (2-0 no grupo e 3-2 en semifinais). CA Osasuna (4º) A gran sorpresa entre os primeiros clasificados. A súa mellor clasificación tras o 12º posto do ano pasado. Difícil de prever cando pasaron o seu grupo como cuartos cunha vitoria e tres derrotas. Chegaron a semifinais aos tombos, tras gañar ao Celta con bastante sorte (1-0 en oitavos) e pasar por penaltis en cuartos de final. Un bo porteiro, moito orde e algo de sorte. Binke Diabate, de Decembro de 1995 era o seu xogador máis rechamante, achegaba calidade e velocidade en ataque. Sevilla FC (5º) Cumpriron siendro primeiros do seu grupo (o máis difícil) sen ningunha derrota e 10 puntos. O seu partido de oitavos contra o Arousa (7-0) foi o máis desigual da tarde do sábado. O Arousa só resistiu medio tempo. Nada que ver co cruzamento decisivo de cuartos de final do domingo á mañá contra o Inter, para moitos unha final anticipada que se resolveu por penaltis tras o empate dos italianos no último minuto do partido. 9 xogadores anotaron polo menos un gol, con Jose David como máximo realizador con 5, exemplo do ben que funcionaban como grupo e do difícil que resultaban como rival. Foi o único equipo que gañou ao PSG (3-1). Mala sorte para un equipo que sempre causa gran impresión en Arousa Fútbol 7 e que se vai do torneo sen perder un partido. Atlético de Madrid (6º) Igualan a súa mellor participación na súa sétima aparición en Arousa Fútbol 7 (o seu anterior sexto posto foi en 1999). Equipo cun plan claro: o balón para o rival que á contra temos a Alejandro (9) e Isaac (11) que son un perigo constante. No medio do campo destacaba Alberto Villapalos, xogador que representaba ben ao seu equipo: compactos e competitivos. Perderon 1-2 en oitavos para acumular dúas derrotas contra os dous equipos franceses. Valencia CF (7º) Fóra dos catro primeiros clasificados por primeira vez desde fai 2004, cando Erik Lamela e compañía gañáronlles a final para llavarse a Arxentina con River Plate o primeiro título dun club estranxeiro. Esperábase bastante máis polo tanto dun dos grandes do campionato, a quen que non lle faltou xogadores interesantes no medio como Raúl Julia ou Ignacio Gil, un pequeno xogador rebosante de enerxía que melloraba todo o xogo que lle chegaba. O seu problema estaba na dianteira, con soamente 5 goles, o que lles condenou en oitavos contra Osasuna, un equipo que lle gañou por talla. Olympique Marseille (8º) Primeira participación. Empezaron mal e acabaron mellor dos que ninguén podía pensar, angustiando ao RCD Espanyol en cuartos tras protagonizar a gran sorpresa do campionato: eliminar a penaltis ao Vilarreal. No seu grupo acabaron cuartos, con dous gandos e dous perdidos. Tiñan ao mellor porteiro do Campionato: Florent Maddaloni. Equipo moi sólido co seu mellor xogador de campo no seu número 5, Gael Andonian, un medio moi forte que daba equilibrio ao equipo, que doutra banda tiña a súa peor versión en ataque, 3 goles en todo o campionato... RC Celta (9º) Moi bo torneo do club campión en 1997. Fixeron pleno no seu grupo con 12 puntos e 10 goles. Imbatidos e invictos. Gañaron incontestablemente ao Real Madrid (4-0) e ensinaron o xeito de contrarrestar o xogo do Ajax (1-0). Un equipo que se atopaba moito máis cómodo á contra que co balón, con bos xogadores como Antón Igrexas, Tomás Abelleira ou Borja Fernández, reforzado con xogadores da Fase Previa de Abril como Jordan. Tivo bastante mala sorte no seu cruzamento, pois logo de quedar emparellado cun dos peores "cuartos", Osasuna, víronse inmersos nun partido moi incómodo que en ningún momento puideron remontar tras o solitario gol de Osauna no último minuto da primeira parte. O segundo tempo foi un querer e non poder ante os ordenados pamplonicas que lles amargaron o bo campionato a unha das revelacións deste ano. Con Villareal foi un dos equipos con máis mala sorte, penalizados coa eliminación tras 12 minutos malos en todo o campionato. Vilarreal CF (10º) Primeira participación e bo sabor de boca o que nos deixa este club. O equipo xunto co Celta que peor sorte tivo. No seu grupo catro vitorias de catro e sen goles recibidos. Chega o Olympique e primeiro resístelle todo o partido de oitavos e logo gáñalles a penaltis. Mala uva. Carlos Joel Melgarejo foi dos mellores xogadores do campionato, un dianteiro con calidade e fueza nun equipo que xogaba moito e ben, pero que perdeu á primeira que se xogaba algo. Estas cousas non pasan por casualidade a primeira vez que participas. Ademais de que dificilmente terán peor sorte para o ano, xa saberán como llas gastan os equipos que veñen a Arousa Fútbol 7. AFC Ajax (11º) Versión lixeira do Ajax. Quizá o peor equipo que veu a Villagarcía nos últimos cinco anos e en consecuencia a súa peor clasificación. É sintomático que nun club que sempre deixa nomes para o recordo nas súas participacións, independentemente da clasificación (ata este ano sempre boa), agora déixenos só escintileos illados e nada fóra do normal. Boa técnica individual, xogo de ataque e actitude sempre positiva, pero nada máis. Faltáballes contundencia en todas as liñas, sen que lles faltase xogo. Abusaban das accións individuais e como non tiñan solucións colectivas, por máis que movesen o balón de lado a lado do ataque, tiñan moitas dificultades contra equipos potentes e ordenados que ademais lles buscaban as cóxegas á contra. Do mellor: Jovi Hulshoff, medio ou peche valente, con moito mando e capacidade combinativa. Bo no quite. Estivo demasiado só aínda que calquera o querería para o seu equipo. Selección AF7 (12º) Empezaron encaixados na súa área, con máis medo que outra cousa contra o Atlético de Madrid e pagárono con derrota. A partir de aí espabilaron e fixeron un gran campionato, tendo ata a mala sorte de xogarse o cruzamento de oitavos contra o Inter, que ademais reservara xente no partido anterior. Nese partido non tiveron opción, maldicindo non terse cruzado co Valencia, máis alcanzable. Fíxose un bo grupo de xogadores, o cal implica para os encargados da organización moitas horas de traballo, que se viu recompensado cun bo papel, moito mellor que o do ano pasado, dato este que algún non para de repetir aínda a tal hora. Mágoa de derrota contra o Inter, ver ao delegado do equipo trajeado no partido de cuartos (promesa súa) fose insuperable. Desde fóra os xogadores que máis nos gustaron foron Sergio en mediocampo e Juanma na dianteira. Bo xogo e ningún complexo para un equipo que representa unha idea que aínda ninguén copiou. De momento... URECA (13º) Sempre renden. Clasificados desde a previa por segundo ano consecutivos, demostran como traballar a base. Este ano eran coa EFB Moañesa o mellor equipo representante da Previa. No grupo manexáronse con comodidade e tiveron no cruzamento co Valencia CF bastante mala sorte (1-0), ao que angustiaron ata o último minuto. Ademais non puideron contar neste momento decisivo co seu mellor xogador durante todo o campionato, lesionado nun nocello: Ferrán Ferreiroa. Real Madrid (14º) Frouxos. Esa é a palabra. O peor Madrid que recordamos. Insípidos e sen ningún atractivo desde o primeiro partido. Vapuleados polo RC Celta (4-0) e eliminados polo PSG (4-1) que fixo un rondito con eles. Como curiosidade, o alboroto que se montou ao redor de Enzo Zidane, que ten xestos que recordan ao pai, aínda que apenas xogou minutos de importancia. Polo demais Enzo non estaba entre os 50 mellores xogadores do torneo. Tampouco destacaba ningún compañeiro. SAD Cidade de Santiago (15º) Xogábanse no último partido do grupo D o pase contra o Pavillón. Vitoria por 2-0 e clasificación para oitavos como premio. Logo perderían 2-0 contra o Atlético de Madrid, aínda que xa cumpriran cun bo papel na súa primeira presenza. Daniel Igrexas na dianteira era o seu mellor xogador. Quizá o mellor dianteiro galego da súa idade: moi competitivo, sempre coa portería entre cella e cella, unha ameaza permanente para o rival, a xoia do equipo. Arousa SC (16º) Constantemente animados desde a bancada despedíronse cun vergoñoso 7-0 contra o Sevilla en oitavos despues de completar unha boa actuación. Desde o principio víase que se xogarían o pase contra o EFL Calvo Sanz, ao que derrotaron no partido clave. Pavillón CF (17º) Clasificados directamente para a fase final tras tres títulos consecutivos na previa, non puideron vencer no partido crave contra do Cidade, o que lles relegou ao último posto do grupo. Equipo compacto como sempre. Esperábase máis deles. RC Deportivo (18º) Lamentable. Outro ano máis. Nada que ofrecer, inferiores aos equipos do seu grupo un por un. 0 goles marcados.... EFL Calvo Sánz (19º) Entre eles e o Arousa estaba o pase no seu grupo, dado o inalcanzable nivel dos restantes equipos do grupo. O peor equipo dos da previa, que ademais non contaban con todos os efectivos que disputaron a previa. E iso págase. EFB Moañesa (20º) Era o mellor equipo dos que viñan da previa e foilles a tocar o grupo máis amolado. Os seus -20 no diferencial de goles non fai xustiza a un equipo que demostrou en abril o seu potencial. Non tivo opción porque se atopou con auténticos equipazos no fin de semana. En calquera outro grupo podería haberse clasificado, pois é un equipo bastante mellor que Depor, Arousa e compañía. Abraham, que na previa foi a sensación, non rendeu neste fin de samana. Un bo equipo. |
|
| Última actualización ( martes, 15 de enero do 2008 ) |
| < Ant. | Seg. > |
|---|












