This site will look much better in a browser that supports web standards, but it is accessible to any browser or Internet device.


Arousa Fútbol 7


Arousa Fútbol 7 : Inicio

Seleccion de Idioma
  • Galego - Informal
  • Spanish - Formal Neutro
  • English
Menú principal
Inicio
Novas
Historia do Torneo
Normas
Como chegar
Aloxamento
 
Foro
Galería
Partidos
Descargas
 
FAQ
Buscar
Enlaces
Contactar
Formulario de acceso





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Estadísticas
PageRank
Visitas ayer: 283
Visitas hoy: 0
Visitas totales: 105217
Robots hoy: 0
Sindicación

Encuestas
En el Foro...
Últimos 5 temas
Fotos del torneo (2)
Sugerencias 2008 (1)
seleccion AF7 (2)
Chicos, ojo a la prensa!! (1)
¿Que os ha parecido el Abanqueiro A? (4)

Últimas 4hrs - 12hrs - 24hrs
Últimos 5 posts
Re:equipazos fase final by borja999
Re:equipazos fase final by quela
Re:Fotos del torneo by savaj
Re:equipazos fase final by borja999
Re:Jugadores en dos fases previas y finales by necora

Últimas 4hrs - 12hrs - 24hrs
¿Quen está conectado?

EFL Calvo Sánz e SD Villestro clasificados PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Fanshawee   
domingo, 23 de marzo do 2008
Un clásico da Fase Previa e un novo equipo de Santiago logran o pase na primeira Fase Previa. O EFL Calvo Sanz clasificouse por terceira vez a través da Previa, competición que domina como poucos clubs e na que se move como peixe na auga. O SD Villestro, equipo rebosante de vitalidade e bo xogo, debutará na Fase Final tras sufrir soamente na final ante o UD Santa Mariña. A continuación recordamos a súa traxectoria.

Image

EFL Calvo Sanz: Enrique José Varela, Diego Ferreiro, Juan Fuentes, Mauro Serrano, Miguel Loureiro, Santiago Alejandro Solari, Sergi Bouzas, Sergio Sueiro, Manuel Nogueira, Sergio Capelán, Victor Alcaina, Daniel Quintela, Javier Souto, Mario Sánchez, Jose Luís Vara e Santiago Gabriel Serrano.

Image


SD Villestro: Iván Viqueira, Román Seoane, Ignacio Hermmelino, Alexandre Vilarello, Brais Pedreira, Tino Míguez, David Rodríguez, Miguel Novegil, Alex Rodríguez, Iván Bouzas, Daniel do Toro, Anxo Pérez, Sergio Pereira, Fernando Sainz e Juan Rodríguez.

Dous equipos bastante diferentes lograron clasificarse en Venres 21 logo de dúas traxectorias brillantes ao longo dos días de competición.

O EFL Calvo Sanz dominou o grupo C con catro vitorias, un só gol recibido e 11 no diferencial. Logo tocoulle sufrir moito no partido de oitavos contra o CD Conxo, que soamente se rendeu desde o punto de penalti tras 8 lanzamentos por equipo. Nese partido o CD Conxo non mereceu quedar eliminado, pero os de Carballo xa avisaban do perigo que escondía este equipo rochoso que prefire ser dominado e contraatacar, usando a forza e calidade de Sergio Sueiro, Manuel Nogueira e Sergió Capelán. Esa foi o medicamento que empregaron para eliminar en cuartos á EFB Moañesa, que dominou e xogou ben, sen ser capaz de concretar as ocasións das que dispuxo para acabar perdendo 0-3. No partido definitivo, contra o Porriño, Vara e os seus non deixarían escapar o pase, nun emparellamento que era máis frouxo que as dúas roldas previas.

O SD Villestro pola súa banda, arrasou no seu grupo, tras marcar 21 goles para un global de 19 en catro partidos e 12 puntos. Espectacular. Logo, nos cruces beneficiaríase duns emparellamentos menos esixentes que lles depararon equipos que quedaron sen gasolina no momento da verdade, como o EF Lalín ou o Poboa CF, que completaron un bo campionato sen ameazar en ningun momento aos de Santiago. Os mozos do SD Villestro sempre intentan xogar ben, aínda que de xeito un pouco anárquica, beneficiándolles os partidos de moita transición defensa-ataque, onde a velocidade dos seus dianteiros é un tesouro. Especial mención merece Iván Viqueira, o seu porteiro, autor dun partido final memorable, con paradas antolóxicas. O verdadeiro mérito do SD Villestro é lograr o seu primeiro pase á fase final con media ducia de xogadores de primeiro ano, algúns en papeis relevantes, como Alex Rodríguez. Na final sufriron moito contra o UD Santa Mariña, que tivo moitas opcións pero acabou entregando o pase nos penaltis, onde se viviron momentos de moita tensión. Gozarán da súa primeira fase final "entre os gandes", como dicía Fernando Sainz, o míster, a quen non lle chegaba a camisa ao pescozo durante toda a final. Un auténtico show.
Parabéns!

Última actualización ( martes, 01 de abril do 2008 )
 
< Ant.   Seg. >