|
Outros 7 equipos para a Fase Final |
|
|
|
|
Escrito por Fanshawee
|
|
miércoles, 02 de abril do 2008 |
|

7 novos equipos de primeiro nivel únense ao cartel definitivo de Arousa Fútbol 7. Borussia Dortmund, un dos clubs máis importantes de Alemaña fai o seu debut. Real Madrid, Valencia CF e RCD Espanyol repiten participación por enésima vez e se cumpren coa tradición, repetirán tamén como máximos favoritos. Atlético de Madrid e Benfica (Portugal) intentarán repetir o bo sabor de boca das súas últimas presenzas en Vilagarcía. O Real Valladolid volve a Vilagarcía, tras a súa última participación no ano 2000. Por certo, quen era o porteiro do Real Valladolid no ano 2000? Nos próximos días, publicaremos un artigo que demostra que, ademais de facernos vellos, co tempo vimos pasar pola Lomba unha boa colección de cracks.
|
|
Última actualización ( miércoles, 02 de abril do 2008 )
|